a. Que é un edublog e para que serve?
Os edublogs son aqueles weblogs cuxo principal obxectivo é apoiar un proceso de ensino-aprendizaxe nun contexto educativo.
Os edublogs teñen moitas finalidades, serven para que os alumnos busquen a información de maneira autónoma e dinámica, fomentando o desenvolvemento da capacidade crítica dos nenos e que sexan os protagonistas da súa propia aprendizaxe. ademais, son un medio de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
b. Que tipos de ferramentas ou programas podemos utilizar para a creación dun blog?
Para crear un blog podemos usar sistemas gratuitos como Blogger, Nireblog, Blogia, Blogsome, etc... Tamén podemos traballar con algunha plataforma de e-learning como Moodle ou Blackboard que integran diversos blogues.
c. Cales serían os usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista?
Os usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista serían como medio persoal e propio do alumnado, é dicir, o alumnado experimenta e aprende a través do blog.
Serven como medio no cal se ofrecen as instrucións e materiais para o alumnado. En xeral e ao igual que os blogs, empréganse para mellorar a comunicación co alumnado, para un uso responsable en internet, para elaborar estratexias didácticas sobre formación centrando a aprendizaxe no alumnado e para xestionar a sobreabundancia de información e súa comprensión.
Ademais, editanto blogs obtemos os seguintes aprendizaxes:
- Organización de discursos
- Fomento do debate
- Construción de identidade
- Creación de comunidades de aprendizaxe
- Compromiso coa audiencia
- Apoio ao E-learning
- Documentación
Algunhas das utilidades educativas que teñen os blogs son publicar materiais relacionados co temario así como para publicar os traballos realizados polo alumnado durante as clases, para que os pais poidan ver como se traballan as diferentes materias na aula e para manter un contacto directo entre o profesorado e as familias. Nos utilizaríamolo como medio para comunicarnos tanto co alumnado como coas familias publicando todas as actividades realizadas no centro, así como anunciando cando se van realizar actividades destacadas como os festivais, as saídas escolares, diversos programas levados a cabo polo centro educativo, todas as novidades que acontezan neste e as iniciativas que propoña o propio colexio.
Referencias
Lara, T. (2005). Uso de los blogs en una pedagogía constructivista. Revista Telos, 65, 86-93. https://cv.usc.es/pluginfile.php/1775794/mod_resource/content/24/materiales_blogs/edublogs.pdf
U.
(2013). ¿Qué es un edublog y para qué sirve? https://josemorillas.blogspot.com/2013/04/que-es-un-edublog-y-para-que-sirve.html