Estrutura dun edublog

É moi importante ter en conta as partes que ten que ter un edublog para que estea ben estruturado. En primeiro lugar, este sitio web debe estar dividido nas diferentes páxinas coas súas correspondentes entradas de tal maneira que non resulte moi complicado atopar algo ou navegar dentro del. Para isto é fundamental ter un dominio dos gadgets do noso edublog para engadir elementos complementarios á información que se está transmitindo como por exemplo un contador de visitas ou enlaces a diferentes páxinas web. 

Por outra banda, tamén hai un apartado para os comentarios onde os usuarios poden formular preguntas, dar suxerencias sobre o edublog, interactuar con outros usuarios, etc. Por último, englobando todo o anterior destaca a importancia do deseño do edublog o cal debe ser atractivo para os usuarios que o vaian visitar prestando atención ao tipo de letra, o tema da páxina, o contido audiovisual, etc.

Un bo exemplo da estrutura dun edublog é o seguinte: https://www.refuerzovirtual.com/ 

Actividades que se poden facer no edublog:

  • Xogos online.

  • Enlaces a vídeos e á información relacionada coas materias dadas nos centros.

  • Tarefas. 

  • Noticias que poidan ser de utilidade.

  • Material didáctico.

Referencias:

Recursos e ideas para llevar al aula. (s. f.). REFUERZO VIRTUAL. https://www.refuerzovirtual.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vídeo mensaxe

  Transcripción do vídeo mensaxe: Ola eu son Raúl Posada e son o representante dun grupo formado por catro persoas máis que eu: Amelia, Vane...