lunes, 6 de marzo de 2023

Vídeo mensaxe

 


Transcripción do vídeo mensaxe:

Ola eu son Raúl Posada e son o representante dun grupo formado por catro persoas máis que eu: Amelia, Vanessa, Uxía e Irune e vamos a falar acerca de como foi a realización desta tarefa. Cabe destacar que nos serviu para saber como manexar un blog e como crealo. Esta tarefa tivo partes sinxelas como por exemplo os primeiros exercicios que consistían en responder a preguntas e tamén unha parte máis complexa como pode ser algúns apartados nos que se facía referencia á creación do blog. Para rematar, en canto á nota numérica, consideramos que este traballo pódese calificar cun 8.5 xa que responde perfectamente aos criterios de corrección do traballo e creo que fixemos un traballo completo en canto a contidos.

Vídeo de Elementary Student Blogs: Innovative Classroom Technology

Os diferentes usos das TIC

 


Mediante esta ilustración vemos a gran versatilidade que presentan as TIC na vida cotiá. Nesta imaxe vemos os distintos usos que lle podemos dar ás novas tecnoloxías como por exemplo as redes sociais, búsquedas en internet, videoxogos, escoitar música, comunicarnos con xente de todo o mundo, almacenar documentos ou fotos, descargar diversos documentos...




Referencias:
TIC, Qué Son, Conjunto Tecnologías Para Pedagogía. (s. f.). https://encolombia.com/wp-content/uploads/2012/12/las-TIC.jpg

Análise dos Edublogs na formación inicial do profesorado

Para realizar unha análise dos edublogs debemos reflexionar e profundizar sobre como os blogs poden mellorar as aprendizaxes para a formación dos futuros mestres/as. Os blogs poden empregarse para monitorear e avaliar o traballo do estudantado e para fomentar a interacción á hora de realizar un traballo. Esta interacción pode realizarse a través de comentarios como resultado dos traballos presentados nun blog.


Ademais ofrécese un feedback periódico que permite un seguimento máis preciso para mellorar así a formación. As actividades dos blogs poden ser un elemento favorable para o proceso de ensino-aprendizaxe polo que se mellora o compromiso á hora de realizar as actividades de forma intelectual.


A través dos blogs o profesorado pode realizar interaccións e compartir materiais didácticos de forma sinxela e rápida. Ademais poden compartir coñecementos e actividades con calquera usuario que acceda ao blog. Tamén podemos introducir as TIC fomentando así a creatividade e a innovación e sendo un recurso interesante. Como consecuencia e como xa comentamos anteriormente podemos motivar ao profesorado e o alumnado a compartir e a colaborar no proceso de aprendizaxe. Por outra banda, pode servir para comunicación entre o centro escolar e as familias.


Non obstante, a realización de blogs tamén conta con aspectos negativos posto que supón unha gran cantidade de tempo e o gran volume de traballo que supón a creación e o mantemento de dito blog.


Todas estas características comentadas contribúen ao desenvolvemento das diferentes competencias. O profesorado pode empregar esta ferramenta para rediseñar os contidos da materia a través dun método de ensino activo.


Referencias

Cakir, H. (2013). Use of blogs in pre-service teacher education to improve student engagement, Computers & Education, 68, 244-252. doi: https://doi.org/10.1016/j.compedu.2013.05.013


Pinya, C. & Rosselló, M. R. (2016). Using blogs to be aware of the development and adoption of professional skills. Education and Information Technologies, 21(5), 1055-1070. doi: https://doi.org/10.1007/s10639-014-9367-z

Vídeo mensaxe

  Transcripción do vídeo mensaxe: Ola eu son Raúl Posada e son o representante dun grupo formado por catro persoas máis que eu: Amelia, Vane...